RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Diario MARCA: Entrevista a Joaquín Caparrós

Juan Yordi, do diario deportivo de tirada nacional MARCA, entrevista ao adestrador do Deportivo Joaquín caparrós. 'O Depor deumo todo... pero hai outros aspectos'

A pregunta do millón... Seguirá Caparrós no Depor?
O Depor é un club que me deu todo... No deportivo, no humano, a afección... Foi todo moi positivo, pero no fútbol hai outros aspectos, e hai que mirar sempre polo ben do club.

Cae un proxecto a medida?
Se agora vén outro técnico, o proxecto véxoo asentado polas xestións do presidente. Creo que o proxecto está moi ben encarrilado... Achegamos todos o noso granito para evitar traumas.

De verdade non lle molesta, como chegou a afirmar hai uns días, que o club busque adestrador cando ten un ano máis de contrato?
Dígoo e repítoo, non me molesta que o club se mova buscando adestradores. Son un home de fútbol.

Que lle parece Víctor Muñoz?
De Víctor Muñoz non podo falar mal. Os seus grandes camapañas están aí. Non son ninguén para dar consellos ao presidente sobre o adestrador.

Adestrará o ano que vén?
Gustaríame seguir adestrando o próximo ano, pero xa se verá...

Que pesaron máis: os acordos ou as rupturas co seu presidente?
En temas de fútbol o presidente foi exemplar. Transmite confianza equilibrio tanto nas derrotas como nas vitorias. Todas as decisións que tomemos o presidente e eu é polo ben do Depor

Pesoulle ao equipo o non poder contar con Xisco?
Xisco: é un futbolista que se xestionou perectamente a súa formación e será clave o próximo ano

Por que pelexará o Deportivo o ano que vén?
O Depor está na disposición de pelexar o próximo ano cos grandes como pasou en tempadas pasadas.

Foi pouco ambicioso Caparrós este ano?
O manternos en Primeira axudou a conseguir bos contratos e negociacións coa televisión e a seguir pelexando cos grandes o próximo ano. Cumpríronse dous obxectivos: a faceta deportiva e o reto que nos expuxemos de reconversión do club: rebaixar as fichas e seguir na alta competición con xente nova. A reconversión desta tempada fíxose sen traumas, un descenso fose mortal.

Como valora o papel dos veteranos no ano do ?Babydepor??
As declaracións dos capitáns axudáronnos moitísimo aos rapaces e ao corpo técnico.

A que xogador poríalle unha medalla?
Temos unha das mellores defensas en toda Europa. Houbo tres xogadores clave: Andrade, De Guzmán e Arizmendi, a columna vertebral.