RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
XUVENÍS

Dobre derrota do Xuvenil A e o B en senllos partidos amigables

O Xuvenil A e o Xuvenil B do Real Club Deportivo caeron esta tarde no Mundo do Fútbol en senllos partidos de preparación ante o cadro de Ou Val de Rexional Preferente (2-4) e o Racing de Ferrol de División de Honra xuvenil (1-2) respe

No Xuvenil A, Devesa aliñou de inicio a: Cristian, José Manuel, Anxo, Uxío, Juan, David Rodríguez, David García, Vigo, Diogo, Iago e Alex Pérez. Tamén xogaron: Gonzalo, Rubén, Martín, Adrián e Juancar. Os tantos branquiazuis foron obra de Juan e Alex Pérez.

Este sábado 8 de agosto, o Xuvenil A participará no Trofeo de Monforte que se xoga na citada localidade lucense. O Lugo, ás 12.15, será o rival do Dépor en semifinais. Celta e Calasanz disputarán a segunda. A gran final xógase ás 19.00 e o partido polo terceiro e cuarto posto xusto antes, ás 17.00 horas.

Así vai a pretemporada do equipo que prepara Devesa:

Burgo 0 - Xuvenil A 1 (Quique)
Portazgo 0 - Xuvenil A 6 (Vea (2), Juan Carlos, David García, Alex e Martín)
Xuvenil A 3 (Iago, Juancar e Alex Perez) - Mesón do Vento 0
Xuvenil A 2  (Juan e Alex Pérez) - Ou Val 4
Xuvenil A - Lugo, este sábado ás 12.15 na semifinal do Trofeo de Monforte


Pola súa banda, o Xuvenil B caeu ante o equipo xuvenil de División de Honra do Racing de Ferrol (1-2) nun partido no que os de Javier Lavandeira mereceron mellor sorte. Polo Dépor xogaron dous equipos, un en cada tempo, incluído varios futbolistas que hai agora mesmo a proba. Lemos anotou o único tanto deportivista.

O próximo compromiso do Xuvenil B será o martes 11 de agosto ás 19.00 horas no Mundo do Fútbol ante o Orillamar da Primeira Autonómica sénior.

O desta tarde foi o primeiro partido para o Xuvenil B, que comezou a traballar o pasado 30 de xullo con este persoal de xogadores: David (aínda en idade cadete, porteiro); Agustín, Bruno, Brais, Insua, Tomás, Vuchu (procedente do F.C. Barcelona) e Cardelle (defensas); Diego Bardanca, Fernando, Queijeiro, Diego Uzal e Pablo (centrocampistas); Alex Ares, Lemos, Luís (procede do Ural), e Gabi (dianteiros). A maiores, Cristian, Juancar, Alex Pérez, Uxío, Adrián, Iago e Rubén adéstranse actualmente co Xuvenil A de División de Honra.