RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
CADETES

Empate do Cadete A con o Celta en Abegondo

O Cadete A empatou a un gol co Celta en Abegondo, en partido correspondente á División de Honra cadete. Ambos os tantos chegaron na segunda metade. Adiantouse o equipo vigués pero Alberto Carro empatou para os branquiazuis na recta final dun bonito partid

En categoría xuvenil, e nun choque moi disputado, o Xuvenil B impúxose ao Pontevedra (0-1). O resto de partidos de categorías inferiores con representación deportivista tivo estes marcadores:
Foz 1 - Cadete B 1 (Liga Galega)
Gaiteira 0 - Infantil B 19 (Liga Local)
Alevín A 8 - Ural 0 (Liga Local de fútbol sete)
Meicende 0 - Alevín B 7 (Liga Local de fútbol sete)

Mañá domingo, ás 12.00 en Elviña, derbi ao grande na División de Honra xuvenil. O Dépor recibe ao Celta coa segunda posición da categoría en xogo.