RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Empate que sabe a derrota do Fabril ante o Racing de Ferrol

Non tivo sorte o Fabril no seu partido desta tarde (1-1) no Mundo do Fútbol ante o Racing de Ferrol. Os visitantes igualaron o choque no desconto do partido, después de que Juan Carlos adiantase ao filial branquiazul.

Este resultado, cos do resto da xornada, deixa ao Fabril en sexta posición da táboa con 17 puntos, a 2 do Alondras (3º), Cerceda (4º) e Ourense (5º), todos eles con 19. Por diante están o Pontevedra, segundo con 22 puntos; e o Racing Vilalbés, próximo rival fabrilista o fin de semana que vén, líder con 24.

Fabril:
Marc, Galego, Insua, Stefan, Anxo, Uxío, Crespo, Vea, Juan Carlos, Víctor e Cubillas. Tamén xogaron: Alex Pérez, Julien e Adrián.
A traxectoria do conxunto de Perico Ramallo é a seguinte:

Fabril 3 (Iago Beceiro, Vea e Luís) - Negreira 1
Alondras 1 - Fabril 1 (Luís)
Fabril 2 (Juan Carlos) - Vilalonga 0
As Pontes 2 - Fabril 0
Fabril 1 (José Manuel) - Ordes 0
Rápido de Bouzas 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Insua, Cubillas e Juan Carlos) - Bergantiños 0
Estradense 1 - Fabril 2 (Cubillas e Alex Pérez)
Fabril 1 (Juan Carlos) - Racing de Ferrol 1