RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas (gratuítas e obrigatorias para persoas socias) de público para o Fabril-Racing Villalbés

O RC Deportivo activa o protocolo de apertura con control de accesos á Cidade Deportiva de Abegondo para o Fabril-Racing Villalbés do domingo 16 ás 12:00 h. (Youtube: RCDeportivo)

Todo o público debe retirar entrada, até esgotar aforo e sen ningún custo adicional para todas as persoas socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa IDE de socio e 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada. Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición, localización e aforo na instalación. O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas persoas socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforo nun proceso 100% telemático.

A xestión pode realizarse desde a publicación desta nota informativa e até completar o aforo. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até o xoves ás 23:59 h. A partir dese momento, se houbese aforo aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Cambiar imagen