A pouco máis de 48 horas de visitar o Nuevo Arcángel de Córdoba, este domingo 30 de abril ás 20:00 horas (InSports.tv), todo o cadro está a disposición de Óscar Cano desde o punto de vista físico salvo Pepe Sánchez.
O defensor andaluz, que continúa co seu plan de traballo personalizado, xa fai tarefas co grupo e entra pois na recta final da súa recuperación.