RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Estado físico do cadro a 26 de maio

A pouco máis de 24 horas de visitar ao Pontevedra CF, mañá sábado 27 de maio ás 19:30 horas (TVG-2, G24.gal e InSports.tv), e con dous adestramentos aínda por diante, o de hoxe venres e o de mañá sábado, todo o cadro está a disposición de Rubén de la Barrera.

O único futbolista, no entanto, que ten esta mañá traballo personalizado é Pablo Martínez, cunha contusión nun xeonllo. "É o caso máis peliagudo. Está en condicións. Onte estivo un pouco resentido, non adestrou. Estivo a tratarse, a evolución é boa pero veremos. Dentro do caso do non apercibidos é o xogador nunha situación máis especial. Imos pensar máis no día de mañá que no de hoxe", subliñou sobre o defensor francés Rubén de la Barrera na sala de prensa de Abegondo esta mesma mañá.