RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
INFANTÍS

Éxito de participación do Infantil B nun torneo internacional en Lisboa

O Infantil B finalizou nunha brillante terceira posición _foi apeado da final polo golaverage xeral no Torneo Internacional Mauro Gama que organiza a Estrela Amadora, equipo no que se formou o deportivista Jorge Andrade.

Na primeira fase, os resultados dos xogadores que dirixe Pulido foron:
Deportivo 2 - Estrela Amadora 0
Deportivo 4 - Estoril 1
Deportivo 1 - Benfica 1

Pasou á final o Benfica por mellor diferencia de goles. No partido de consolación, o Dépor gañou ao Atlético de Madrid (1-0) e acabou pois en terceiro lugar.
Ademais, David foi o porteiro menos batido e Aldán foi o máximo goleador da competición. Un éxito do novo equipo branquiazul.