RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
VETERÁNS

Falece en Chile o exdeportivista 'Hallulla' Muñoz

  O exjugador deportivista entre os añvos 1973 e 1978, Guillermo Muñoz Muñoz gran figura branquiazul nos peores momentos da historia da entidade coruñesa, falleció onte en Chile aos 63 añvos de idade.

‘Hallulla', como era alcumado desde mozo debido que o seu pai era panadeiro e elaboraba o pan branco dese nome típico de Chile, Bolivia e Ecuador, naceu o 25 de xaneiro de 1953 en San Felipe de Aconcagua (Chile). O Deportivo pagou 250.000 dólares (uns 2,8 millóns de pesetas ao cambio da época) ao Santiago Wanderers da capital chilena pola fichaxe dun dianteiro zurdo que sempre será lembrado pola súa gran velocidade e potente disparo.

Muñoz aterrou en Riazor da man dun adestrador tamén chileno, Fernando Rise, igualmente contratado ao comezo da Tempada 1973-1974. Ao final daquela campaña, o Dépor descendeu por primeira e única vez na súa historia a Terceira, de onde Muñoz axudoulle a saír con celeridade o seguinte curso.
 
Internacional absoluto coa selección chilena, coa que participou na fase de clasificación para o Mundial de Alemaña de 1974, non volveu disputar un só encontro debido a unha grave lesión de xeonllo sufrido durante a pretemporada do seu terceiro curso branquiazul, o 1975-1976. A pesar daquel problema físico, o club renovou o seu contrato, aínda que finalmente abandonaría A Coruña á conclusión do exercicio 1977-1978, para acabar a súa carreira en 1982, tras pasar de novo por Wanderers, seis meses en Universidade Católica e finalmente no equipo da súa localidade natal, Unión San Felipe. 
 
Aínda que pertenceu durante cinco tempadas ao Deportivo, ‘Hallulla' só disputou partidos oficiais nas dúas primeiras, para un total de 66 partidos de Liga (28 en Segunda e 38 en Terceira), nos que anotou 21 goles (5 en Segunda e 16 en Terceira), sendo utilizado máis como ‘10' que como dianteiro centro. Non disputou partidos de Copa porque naquela época os estranxeiros tiñan prohibido participar nesta competición.
 
O Real Club Deportivo quere enviar os seus máis sinceras condolencias a toda a familia, amigos e excompañeros de Muñoz. DEP.