RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Inexplicable derrota en Xetafe dun Dépor que volve acabar con dez

A afición do Dépolo mellor en Xetafe, foto de @Corunhes_1985 Se o Dépor podía cambiar a súa traxectoria ligueira, hoxe tivo unha gran oportunidade. Aos doce minutos de partido, vermella directa a Moyá e penalti por c

Domingos Paciencia sorprendeu con Jesús Vázquez por André Santos na medular. Kaká debutou xa de inicio no centro da defensa con Ze Castro. Foron as dúas novidades do Dépor no Coliseo Alfonso Pérez.
 
As cousas torcéronse xa no primeiro tempo, cando un contragolpe do equipo madrileño acaba cun penalti na área deportivista. Diego Castro logra o empate (1-1) e descoloca momentaneamente ao Deportivo, que non é capaz de reaccionar, aínda cun home máis.
 
Na segunda metade, Domingos move o banco coa entrada de Camuñas por Jesús Vázquez e de Valerón por Alex. O obxectivo era claro: ir a por o tres puntos tan necesarios.
 
Outro xiro inesperado torceu definitivamente o encontro. Abel Aguilar, nun salto con Borja, ve a segunda amarela por unha cotenada que só viu Paradas Romeu. Domingos Paciencia leva cinco partidos en España. En tres deles acabou con dez xogadores ou menos (nove no caso da Valencia).
 
Riki tivo o 1-2 nun espléndido cabezazo que se marcha fóra por moi pouco. O Xetafe, vendo xa a igualdade en homes, lánzase a por o segundo. Entra Alvaro por Borja, e dun espectacular disparo desde fóra da área, logra o 2-1. Aranzubia pouco puido facer.
 
O golpe foi definitivo. O equipo branquiazul, noqueado, encaixa o 3-1 nunha boa manobra de Colunga dentro da área. Recibe de costas, dáse a volta despistando ao seu par e fusila a Aranzubia case desde a área pequena.
 
Dura derrota en Xetafe, cando todo parecía ir a favor.
 
Xetafe: Moyá; Valera (Fede, min. 67), Rafa, Alexis, Escudeiro; Xavi Torres, Borja (Álvaro, min.  77); Diego Castro, Abdel Barrada, Gavilán (Codina, min. 10); e Colunga.

Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Kaká, Zé Castro, Evaldo; Alex Bergantiños (Valerón, min. 59), Abel Aguilar; Jesús Vázquez (Camuñas, min. 46), Bruno Gama (André Santos, min. 73), Pizzi; e Riki.

Goles: 0-1, min. 12: Pizzi, de penalti; 1-1, min. 25: Diego Castro, de penalti; 2-1, min. 81: Álvaro Vázquez; 3-1, min. 83: Colunga.

Árbitro: Paradas Romeu (Comité Andaluz). Expulsou con vermella directa ao porteiro do Xetafe Moyá (min. 10) e con dobre amarela ao futbolista do Deportivo Abel Aguilar (min. 21 e 70). Amoestou a Evaldo, Jesús Vázquez, Alex Bergantiños, Camuñas e André Santos.