RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Inmerecida derrota do Dépor en Riazor

O Dépor cayó en Riazor (1-2) inmerecidamente nun partido no que foi superior ás Palmas. Luís, de penalti claro, adelantó aos branquiazuis nos primeiros compases. Nauzet igualó con outro penalti, éste rigurosísimo;

Este resultado deixa ao Dépor con 36 puntos, colíder da categoría co Sporting de Xixón.

O partido foi dunha gran carga emocional, co regreso de Juan Carlos Valerón, ovacionado desde a bancada; e a despedida do Presidente Augusto César Lendoiro, no seu último encontro no palco.

Fernando Vázquez confeccionou un once con moitas baixas polas lesións (Marchena) ou as sancións (Alex e Laure). A gran novidade foi Teles, que debutou como titular no mediocentro, á beira de Juan Domínguez. En ataque, Luís gañoulle a partida a Borja, que esta vez arrincou o encontro desde o banco.

O partido púxose de face cun claro penalti a Luisinho que transforma Luís. Borbosa toca lixeiramente pero non pode impedir o gol do dianteiro galego.

As Palmas, unha dos mellores persoais da categoría, apertou o acelerador e empatou nun penali moi rigoroso que o colexiado do encontro, Vicandi Garrido, sinalou a instancias do seu xuíz de liña. Chrisantus busca a Insua, que non se pode apartar e choca na área.

Luís puido adiantar de novo ao equipo deportivista pero fallou un man a man con Barbosa. En defensa do ariete branquiazul está a posición na que encarou á meta canario, moi escorado á banda dereita.

A segunda parte arrincou como a primeira, con dominio alterno. Pronto Vázquez tivo que realizar o seu primeiro cambio. Manuel Pablo sentiu unhas molestias nos isquiotibiais da súa perna dereita. Foi substituído por Arizmendi, co que Luisinho atrasou a súa posición ao lateral zurdo.

Pouco despois chega o tanto canario. Valerón recibe un balón en posición máis que dubidosa, con Chrisantus e Aythami en claro fóra de xogo. O ex deportivista de cabeza cede a Chrisantus, que remata ante Lux. A meta salva o primeiro envite pero non pode evitar o segundo remate do outro ex branquiazul, Aythami.

A partir de aí foi un monólogo branquiazul, que sacou en total máis de quince saques de esquina. Luís puido empatar pero Apoño sacou debaixo da raia.

Aínda por riba, o colexiado Vicandi Garrido non viu un claro penalti sobre Borja por agarrón claro na área.

O fútbol esta vez non foi xusto co Deportivo.

Deportivo: Lux; Seoane, Kaká, Insua, Manuel Pablo (Arizmendi, min. 56); Teles (Borja Bastón, min. 69), Juan Domínguez; Núñez, Rudy (Wilk, min. 46), Luisinho; e Luís Fernández.

As Palmas: Barbosa, David García, Deivid, Aythami Artiles, Dani Castelán; Vicente Gómez (Javier Castelán, min. 81), Apoño; Nauzet, Valerón, Masoud (Máyor, min. 85); e Chrisantus (Asdrúbal, min. 77).

Goles: 1-0, min.10: Luís Fernández, de penalti. 1-1, min.15: Nauzet, de penalti. 1-2, min. 66: Aythami.

Árbitro: Vicandi Garrido, do colexio vasco. Pésima actuación. Mostrou amarela a Insua, Seoane, Manuel Pablo e Lux, por parte do Deportivo.

Incidencias: Toché e Salomao viron o partido no palco de Riazor.