RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Insua decide para o Deportivo un bo partido de pretemporada en Lugo

Pablo Insua, un campeón de Europa Sub-19, decidió cun gran remate de cabeza en ferro un bo amigable de pretemporada en Lugo (0-1). O seu labor, do mesmo xeito que a de Uxio, non pasó desapercibida para Oltra: "Xa sabéis qu

Debutou Abel Aguilar na segunda metade, e deixou unha grata impresión. Causaron baixa de última hora Juan Domínguez, cunha sobrecarga no recto anterior; Jesús Vázquez, cunha lumbalxia; e Seoane, cunha contractura cervical. Nelson e Roderick Miranda viron o partido desde o palco, co resto de xogadores que non se vestiron de curto.

O partido foi de ida e volta, con boas oportunidades nas dúas áreas, loxicamente en maior número na lucense.

O Deportivo, aos poucos, vai collendo sensacións, cun estilo similar ao dos records da liga pasada. "Temos claro o que queremos", repite unha e outra vez Oltra en cada comparecencia pública.

A aparición de Abel Aguilar no mediocentro deu aínda mais seguridade ao equipo. A maiores, futbolistas como Pizzi, Evaldo ou Andre demostran que van a mais en cada partido.

Lugo: Yoel, Víctor Marco, Seoane, Tonetto, Manu, Víctor Díaz, Pablo Alvarez, Óscar Díaz, Fran Sol, Hector Font e Fran Perez. Tamén xogaron: Lolo Pavón, Pita, Iago Diaz, Mauro Quiroga, Berodia, Zico, Belfortti, Rubén Duran, Raul Fuster e Galindo.

Deportivo: Aranzubia, Manuel Pablo, Uxio, Insua, Evaldo (m. 46, Laure), Alex, Andre (m. 46, Abel Aguilar), Bruno Gama, Pizzi, Valerón e Riki.

Minuto 71: Aranzubia, Laure, Uxio, Aythami, Manuel Pablo, Abel Aguilar, Alex, Saul, Víctor, Juan Carlos e Bodipo.

Árbitro: Borja Bilbao. Amoestou por parte do Deportivo a Pizzi e a Alex.

Goles: 0-1, m. 50: Insua.