RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Jesús Vázquez asina por dúas tempadas co Deportivo

foto: DEPORSport O centrocampista Antonio Jesús Vázquez (18-1-1980, Santa Olalla de Cala, Huelva) foi presentado esta tarde como novo xogador do Deportivo para as próximas dúas tempadas. O acto tivo lugar na sala de prensa do Estadio

O presidente deportivista tomou a palabra en primeiro lugar para agradecer o traballo dos seus axentes encabezados por Tenche Sánchez para resolver "moito traballo administrativo". Lembrou Lendoiro que o Deportivo "levaba un oito ou nove anos tentando esta fichaxe. Por unhas ou outras razóns, ao final nunca puido ser".

O futbolista, que actúa de mediocentro, mostrouse "ansioso" porque chegue o día 12 de xullo e arranque a pretemporada do que cualificou "un grande, aínda que estea en Segunda División". Non ocultou que o obxectivo do equipo debe ser tentar lograr o ascenso aínda que si matizou que "non vai ser un camiño de rosas. Teremos os nosos momentos difíciles".

Finalmente Jesús Vázquez desexou que "a miña andaina e a do equipo en Segunda sexa só dun ano".