RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

José Luís Gómez ve ao Dépor como 'un existoso símbolo de resistencia fronte ao abuso'

José Luís Gómez, Director do Xornal de Galicia, refírese no seu artícu de hoxe xoves 4 de febreiro sobre a fusión das caixas, ao Real Club Deportivo. Extractamos a continuación o párrafo do artícu en cuesti

"Lei de Caixas, Decreto do Galego e cambio no PP de Ourense. Son ou eran o tres grandes obxectivos políticos do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acirrado polo diario 'La Voz de Galicia', cada vez máis entregado a certos intereses do PP, cuxo goberno, cos impostos de todos, faille suculentos xiros de diñeiro practicamente cada semana. Nalgunha ocasión, segundo recoñecen ambas as partes publicamente, a cambio de 'informar' da xestión da Xunta; algo sen precedentes nas democracias occidentais onde exista prensa libre e independente. Ambas as partes tambien seguen empeñadas en botar abaixo o decreto eólico, aínda que neste caso tropezan coa acción da xustiza, e fan todo o posible por cargarse a Augusto César Lendoiro e ao Deportivo, que no fondo é unha maneira de matar a ilusión de moita xente e, en especial, de moitos rapaces. Neste asunto, a Xunta fixo tanto o ridículo que anuncia o Xacobeo 2010 nos partidos televisados do Dépor pero, para danar ao único club galego de Primeira División, faino de maneira que este non reciba nin un euro. E como queira que Feijóo se declara deportivista, suponse que con semellante insensatez só tenta compracer a Santiago Rey, o editor de 'La Voz de Galicia' empeñado en levar por diante a Lendoiro,quen resiste como gato bandullo arriba, pero resiste. Faino como llanero solitario, sen que apenas ninguén lle bote unha man nunha cidade como A Coruña, cuxos grandes homes parecen ter medo. Pero non pasa nada: a pesar de todo, do único que fala cada día a CNN con respecto a Galicia é do Deportivo, convertido nun exitoso símbolo de resistencia fronte ao abuso".