RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Juan Rodríguez: É bo que sigamos o mesmo bloque que a tempada pasada

O centrocampista do Deportivo Juan Rodríguez manifestó esta mañana en rolda de prensa, ao concluír o adestramento matinal, que "é bo que sigamos os mesmos xogadores que a tempada pasada con estas dúas incorporacións que nos viñer

Juan Rodríguez é o home de ferro do vestiario. Así a tempada pasada xogou 38 de 37 partidos de Liga. Pero a maiores, non se perdeu nin un só adestramento do ano, algo máis de 350 sesións en toda a tempada. De feito, cualifica a campaña última como a mellor da súa carreira profesional. "Xoguei moitos, eu diría que case todos os partidos na miña posición natural", engade.

Falou tamén Juan Rodríguez que dá xenio de Juca, con quen formou parella no mediocentro ante o Feirense, en Melgaço: "É un xogador bastante completo, que ao grupo vaille a vir ben. Ten intensidade, forza e moita experiencia. Sabe que facer en todo momento co balón".

Pola tarde, Miguel Anxo Lotina citou ao seu persoal ás 18.30 no Mundo do Fútbol. Están á marxe do persoal Lafita, cunha escordadura leve no xeonllo dereito; Iván Pérez, cunha sinovitis no seu nocello esquerdo; Lassad, ao que se lle practicou ao mediodía unha resonancia de control que revelou unha evolución positiva da súa rotura fibrilar (pasa á fase seguinte de recuperación na que xa fará traballo sobre o céspede ás ordes de Pablo López); e Bodipo, cunha sobrecarga no adductor mediano da coxa dereita.