Lóxico triunfo do Infantil sobre o San Tirso SD Infantil
Infantil e San Tirso SD Infantil adiantaron a hoxe martes 10 de outubro en Abegondo o seu partido correspondente á 5ª xornada da División de Honra.
Victoria lóxica para o conxunto deportivista (5-0), con xogadores un ano maiores que 'os verdes', grazas aos goles de Miguel -3-, Antón e Raúl.
Con este resultado, o equipo de Borja Souto é líder do grupo en solitario con 15 puntos de 15 posibles.
Infantil: Daniel Suárez, Javi Seoane, Guille, Daniel López, Nikolay, José Quiroga, Iago Varela, Gabri, Picallo, Antón e Miguel. Tamén xogaron: Lucas López, Roi, Raúl, Esteban e Sergio Cortizo.
O próximo partido de liga será o sábado 21 de outubro en Nigrán ante o ED Val Miñor. Antes, Nikolay, Sergio Cortizo, Raúl e Esteban están convocados para un amigable da selección galega sub-14 mañá mércores 11 de outubro ás 17:30 no campo de Valiño (Boiro) ante o EFM Concello de Boiro
Os resultados até a data do Infantil son os seguintes:
CD Lugo 1 - Infantil 5 (Raúl -2-, Sergio Cortizo -2- e Picallo) Infantil 6 (Sergio Cortizo -4-, Antón e Nico) - EF Portero '2000' 1 Infantil 6 (Picallo, Sergio Cortizo -2-, Antón Caamaño e Miguel) - CD Areosa 1 Victoria CF 0 - Infantil 6 (Sergio Cortizo -2-, Miguel, Raúl, Gabri e Picallo) Infantil 5 (Miguel -3-, Antón e Raúl) - San Tirso SD Infantil 0