RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mañá no Dépor para "limpar as cabezas" e "poñer a vista xa no CF Fuenlabrada"

O Deportivo regresou ao traballo esta mañá nunha xornada frenética na Cidade Deportiva, con partido de liga dos dous filiais e do Xuvenil B da Liga Nacional.

Óscar Cano, que onte non quixo buscar escusas porque "o que ocorreu, o que deixase de ocorrer, xa o vimos todos", subliñou ao vestiario que "hai que empezar outra semana e que temos que ter a vista posta no CF Fuenlabrada".

Insistiu en "canto antes esquecer o resultado, porque o fútbol che dá unha oportunidade novamente a fin de semana seguinte. Hai que corrixir as cousas que non fixésemos ben e valorar desde este momento o partido ante o CF Fuenlabrada".

"Non podemos pensar outra cousa que levantarnos mañá (por hoxe) e volver traballar. Non cabe outra", concluíu o adestrador branquiazul.

Así pois, a sesión post-partido foi para "limpar as cabezas; pasadomañá (por mañá luns) descansar; e afrontar e preparar da mellor maneira posible o partido do CF Fuenlabrada", manifestou Óscar Cano.

Os titulares onte no Estadio Reina Sofía tiveron xornada de recuperación. Para o resto do cadro, incluído Roberto Olabe, expulsado por dobre amarela aos 52 minutos, a sesión foi de alta intensidade, cun quecemento, rondos, aceleracións, un exercicio de finalizacións e fútbol en espazo reducido.

Pepe Sánchez é o único xogador a día de hoxe con traballo personalizado.

Os Nosos están citados de novo o martes 4 de abril ás 9:00 en Abegondo para saltar ao campo a partir das 10:30 horas.

A próxima cita no grupo 1º de Primera Federación será o sábado 8 de abril ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e InSports.tv) ante o CF Fuenlabrada.