RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Mañá sábado xogan todos os equipos de categorías inferiores, excepto o Fabril

Mañana sábado dispútanse a case totalidade de partidos de categorías inferiores con representación deportivista. O Alevín B e o Benjamín arrincan o Mini Teresa Herrera, cuxas finais se xogarán en Riazor no

O domingo pola tarde en Abegondo será de fútbol e radio. Unha carambola de resultados, non demasiado desatinados iso si, é a única opción que lle resta ao Fabril para meterse nunha das posicións de play off de ascenso a Segunda División B.

A única posibilidade para o filial deportivista é a seguinte:

-O Fabril debe gañar o seu partido ante o Ourense no Mundo do Fútbol
-O Pontevedra ten que perder no campo do Somozas
-O Racing Vilalbés ten que perder ou empatar ante o Negreira no campo da Magdalena de Vilalba

Calquera resultado diferente aos citados acabaría coa esperanza deportivista. Todos os partidos arrincan o domingo ás 18.00 horas.

Como é habitual, os socios do Dépor teñen entrada gratuíta á cidade deportiva branquiazul. Para o público sénior, a entrada custa 12 euros.

O calendario do fin de semana é o seguinte:
Terceira División
FABRIL - OURENSE, o domingo 13 de maio ás 18.00 no Mundo do Fútbol
Clasificación: ... 3. Pontevedra e Cerceda, 67 puntos; 5. Racing Vilalbés, 66 puntos; 6.Fabril, 64 puntos...

Categoría xuvenil
XUVENIL B - CALASANCIO, o sábado 12 de maio ás 16.30 no Mundo do Fútbol
Clasificación da liga Nacional: ... 3. Santiago de Compostela, 61 puntos; 4. Xuvenil B, 59 puntos...

Categoría cadete
CADETE A - PONTEVEDRA, o sábado 12 de maio ás 16.30 no Mundo do Fútbol
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 85 puntos; 2. Cadete A, 83 puntos...

VITORIA B - CADETE B, o sábado 12 de maio ás 16.00 na Leyma
Clasificación da liga Galega: 1. Cadete B, 79 puntos; 2. Orillamar e Escola F. Lalín, 76 puntos...

Categoría infantil
SANTA MARIÑA - INFANTIL A, o sábado 12 de maio ás 10.45 en Cotogrande (Vigo)
Clasificación da liga Galega, Fase polo título: 1. Celta, 36 puntos; 2. Infantil A, 34 puntos...

INFANTIL B - VIOÑO, o sábado 12 de maio ás 17.00 en Elviña
Clasificación da liga Local: 1. Infantil B, 84 puntos (xa campión); 2. Imperator, 80 puntos...

Categoría alevín
Trofeo Mini Teresa Herrera de fútbol sete: ALEVÍN B - SAN CRISTÓBAL, o sábado 12 de maio ás 11.00 en La Torre 2.1

Categoría benjamín
Trofeo Mini Teresa Herrera: BENJAMÍN - Vencedor SANTA MARÍA MAR/ORZÁN, o sábado 12 de maio ás 9.00 na Grela 2.1