RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Marchena: Elixín o Dépor porque é un dos grandes con moitas cousas que dicir nesta Liga

foto: A. Regueiro Carlos Marchena foi presentado oficialmente esta tarde no Estadio de Riazor como xogador do Dépor, ante uns 1.500 espectadores. O deportivismo presente na bancada de Tribuna Inferior entendió perfectamente o carisma e o

Xa na sala de prensa, o presidente Augusto César Lendoiro deulle a benvida ao Club e á cidade, á vez que lle agradeceu a Marchena decidirse polo Dépor, a pesar de contar con boas ofertas de clubs de Primeira División de España como o Mallorca ou do Olympiacos grego. "Creo que tivemos unha feliz idea", apuntou ao dirixente branquiazul.

Ficha por unha tempada no Dépor con opción a outra máis se xoga un mínimo de 30 partidos.

"Non todo é o diñeiro. Un busca outras cousas, sentirse arroupado e importante", indicou Marchena. "Elixín o Deportivo porque é un grande que ten moitas cousas que dicir nesta Liga", engadiu.

Sobre o seu estado de forma, o internacional branquiazul asegura que vén xa en condicións de ser aliñado polo adestrador, posto que se adestrou con normalidade no Vilarreal.