RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Minutos de xogo tamén para Lucía Rivas no segundo partido de España sub-16 en Finlandia

Lucía Rivas está concentrada coa selección española sub-16 con motivo dun Torneo de Desenvolvemento UEFA en Finlandia que ten lugar desde o pasado venres 26 ao mércores 31 de maio.

O segundo partido para as españolas foi hoxe domingo 28 ante a anfitrioa, Finlandia. O resultado favoreceu ás locais (0-2), cun gol en cada tempo; e Lucía Rivas tamén tivo minutos de xogo, ao saltar ao céspede no minuto 76.

A canteirá deportivista porá o punto e final a este Torneo Desenvolvo UEFA o mércores 31 de maio ás 10:00 (09:00 na Península) ante Turquía.

España mediuse o venres a Bélxica no primeiro partido e venceu por 3-0, con goles de Iris Ashley, Anna Guer e Emma Moreno. A atacante branquiazul debutou neste combinado nacional, posto que xogou a última media hora de encontro.

O calendario de España, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Venres 26 de maio
ESPAÑA 3 - BÉLXICA 0

Domingo 28 de maio
ESPAÑA 0 - FINLANDIA 2

Mércores 31 de maio
10:00 (hora local, 09:00 na Península): TURQUÍA - ESPAÑA, no Eerikkilä Sport & Outdoor Resort

Lucía Rivas, con ficha cadete do Orzán SD e titular no Deportivo ABANCA B de Primeira Nacional, é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que esta temporada se atopan no radar das categorías inferiores da selección española, ademais de Manu Berrocal e Kevin Sánchez (sub-18), Elena Vázquez (que disputou estes días o campionato de Europa sub-17), José Rey (sub-16) ou Pablo García (sub-15).