RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mosquera: ''a salvación non está. Temos que gañar este fin de semana e deixala finiquitada''

  Pedro Mosquera, ex xogador do Xetafe, compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo. "A salvación non está. Temos que gañar este fin de semana e deixala finiquitada", apunta. "Non sóo

O centrocampista coruñés cre que o encontro do próximo domingo 1 de maio ante o Xetafe (18.15, Canle + Liga / Abono Fútbol), "debemos tomalo como unha final. Sobre todo pola nosa xente, por darlle unha alegría xa e pechar a tempada cunha vitoria en casa, poder celebralo coa xente, que eu creo que llo merece".

Recoñece Pedro que a afección "nesta segunda volta non gozou tanto como lles gustaría a eles e gustaríanos a nós que gozase. Este fin de semana é un partido para que demos a cara, para que fagamos un bo partido e que a xente se vaia contenta a casa".
 
Proponse Mosquera, "nos partidos que quedan, sacar os máximos puntos posibles. En canto ao baixón, o fútbol son dinámicas. A min pasoume a tempada pasada no Elxe ao revés. Empezamos moi mal e acabamos moi ben. E sempre a tempada é un pouco mellor porque acabas ben. Pero ao final os puntos da primeira volta contan igual que os da segunda. Agora quedan tres partidos para acabar con boa imaxe, con sensacións boas e para que a xente estea ilusionada".
 
Insiste en que, cun triunfo sobre o Xetafe, "estariamos con 42 puntos, que é unha tempada decente e a falta de dous partidos, que se pode tamén sumar. Nós o primordial é que nos salvemos e neste partido temos unha oportunidade única para gañar, para distanciarnos dos equipos de abaixo".