RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mosquera confesa estar ''supermotivado'' para #ONosoDerbi

Pedro Mosquera atendió esta mañana ás preguntas dos medios de comunicación na sala de prensa de Abegondo. Puxo como exemplo para #ONosoDerbi deste sábado 2 de abril en Balaídous (22.05, TVE), o partido da primeira volta

Por primeira vez, o mediocentro coruñés pisará o céspede de Balaídos vestindo a camiseta do Deportivo. Apunta que "ao final cando xogas coa camiseta do Dépor sempre é especial, sexa o estadio que sexa. O partido do Celta vai ser un máis pero sabendo que representas a todo o deportivismo e que é un partido moi importante para eles, máis se cabe que calquera dos outros partidos da tempada. Así que imos deixar unha boa imaxe, deixar o escudo á altura deste Club e tentar dar o cento por cento no campo".

Confesa neste sentido que está "supermotivado. Se o que significa desde pequeniño. A xente de fóra tamén o sabe. Hai outros xogadores que tamén viviu o derbi en Sevilla, outros xogadores que viviron outros derbis e saben perfectamente o que signfica a importancia deste".

Recoñece "pensar moitas veces en xogar co primeiro equipo do Dépor, e marcar en Balaídos sería espectacular. Oxalá chegue o meu primeiro gol aí".

Non cre Mosquera que o Celta estea máis obrigado a gañar que o Dépor, dadas as aspiracións europeas do conxunto celeste: "Se pensamos que estamos salvados xa nos equivocariamos. Temos que conseguir canto antes os puntos que nos quedan para salvarnos matematicamente, e ten que pasar por este partido xa. A necesidade é tanto a súa como a nosa".

É máis, razoa en que "a min me facía especialmente ilusión mellorar os números do ano pasado. A estas alturas, a falta de oito xornadas, xa o conseguimos. E o que me gustaría é terminar unha boa tempada, salvarnos holgadamente. Pero todo depende o que gañan os de abaixo. Se empezan a gañar moitos partidos, o descenso subirá en varios puntos e se os de abaixo perden ou empatan, quedará máis tranquila a zona".

Argumenta que de marcar primeiro o sábado, "ábrese moito máis o partido. Eles téñense que ir máis arriba. Se de principio xa fan un fútbol alegre, aberto, teríano que facer máis. Non cabe dúbida que nos beneficiaría moitísimo. Oxalá marquemos primeiro".

Dos derbis, queda Mosquera co gol de Borja Fernández que supuxo o 2-3 en Segunda División. "Como sabedes coincidiu comigo no Xetafe e alegreime moito por el. É o recordo bonito que teño", subliña.