RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mosquera quere que o sábado ante o Real Madrid ''nosa xente gozar connosco''

  Pedro Mosquera foi o protagonista esta mañana na sala de prensa de Abegondo. "Unha vez que consegues a permanencia, todo o mundo respira tranquilo, nós, afeccionados... así que todos contentos", sostén o '5'

Cre que o partido deste sábado 14 de maio en Riazor ante o Real Madrid (17.00 horas, Canle+ Liga / Abono Fútbol) é "moi bonito, que todo o mundo quere xogar e aínda encima coa permanencia conseguida. A calquera xogador gustaríalle xogar este partido".
 
Insiste en que "é un partido para gozar todo o mundo e aínda encima contra un dos mellores equipos do mundo".
 
Advirte que o Deportivo sairá "a gañar. Nós xogamos en casa, coa nosa xente. Queremos gañar un partido en casa xa, que levamos tempo sen facelo. Oxalá sexa este fin de semana".
 
O centrocampista coruñés deixa claro, a preguntas dun medio de comunicación, que "este persoal non vai aceptar maletíns. Non creo que os haxa, porque o Barça depende de si mesmo".
 
É máis, "xa que non temos nada de presión", apúntase Pedro Mosquera a tentar "ter o balón, gozar no campo, facer ocasións e que a xente gozar connosco".