RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Mosquera: Temos moitísima ambición. Non nos imos a conformar co que fixemos

Pedro Mosquera manifestó esta tarde en rolda de prensa en Abegondo que "nós levamos unha moi boa serie. Esperemos que siga así. Temos muchísima ambición, non nos imos a conformar co que fixemos. Sabemos que queda má

Para o centrocampista coruñés, ex xogador do Xetafe, o partido deste mércores 30 de decembro (20.30 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol) no Coliseum Alfonso Pérez "para min é un partido máis. Non é un partido especial. Estiven aí, foi unha etapa e agora estou noutra, no Deportivo, encantado".

Si recoñece ter "unha moi boa relación" con Fran Escribá, actual técnico do Xetafe que coincidiu con Pedro Mosquera a tempada pasada no Elxe. "Falarei co despois do partido. Antes, nada", chancea.

Opina Mosquera que os equipos de Fran Escribá caracterízanse por ser equipos "moi ordenados, moi xuntos sen balón. En ataque tentan tratar ben a pelota".

Lembra que o Xetafe está "nunha posición media na táboa. Creo que están a facer ben as cousas, sobre todo en casa. Vai ser un partido complicado".