Arrinca unha nova semana de partidos amigables en ANOSACANTEIRA, con torneos en Ordes e Vigo para varios equipos; e co debut do Fabril en Segunda Federación e do Xuvenil A na División de Honra.
O filial deportivista visita ao Real Avilés Industrial CF o domingo ás 17:00 no campo Román Suárez Puerta de Avilés. Despois de 11 amigables de pretemporada, chega a hora da verdade para o conxunto de Óscar Gilsanz, con moitos dos seus futbolistas en dinámica do primeiro equipo durante boa parte do verán.
Tamén comeza a súa andaina no grupo 1º da División de Honra o Xuvenil A que dirixe Manuel Pablo. O seu primeiro rival o sábado 2 ás 16:30 en Gijón será o Veriña CF.
O resto de equipos de ANOSANCANTEIRA continúan os seus partidos de pretemporada.
Mañá martes abre o calendario o Cadete, que visita ao Olímpico de Rutis CF de categoría xuvenil no Municipal de Vilaboa (17:30).
Leste mesmo equipo disputará a partir do venres o Trofeo Concello de Ordes ante rivais da talla do FC Barcelona, SC Braga e Athletic Club.
O mércores hai tripla cita: San Tirso SD Cadete ante CDC Santa Teresita e Infantil fronte a Atlético Coruña Montañeros CF cadete en Abegondo ás 19:00 e 19:30 respectivamente; e o San Tirso SD Infantil en Bertamiráns (19:30).
Para o sábado queda o partido do Deportivo ABANCA B en Abegondo ante o Real Oviedo B (17:00), o Torneo Aniversario do UD Santa Mariña en Vigo para o San Tirso SD Cadete, e a cita do San Tirso SD Infantil ante o CD Lugo na Cidade Deportiva (11:00).
Finalmente o domingo 3 de setembro, o Xuvenil B visita ao CD Baio de Primera Autonómica (18:30) e no Torneo do Aniversario do UD Santa Mariña a quenda será para o Infantil.
O calendario de partidos é o seguinte:
Categoría feminina
DEPORTIVO ABANCA B - REAL OVIEDO B, o sábado 2 de setembro ás 17:00 en Abegondo (campo 6)
Segunda Federación
1ª xornada: REAL AVILÉS INDUSTRIAL CF - FABRIL, o domingo 3 de setembro ás 17:00 no Estadio Román Suárez Puerta (Avilés)
Categoría xuvenil
División de Honra, 1ª xornada: VERIÑA CF - XUVENIL A, o sábado 2 de setembro ás 16:30 no campo municipal de Lloreda (Gijón, Asturias)
CD BAIO (Primera Autonómica) - XUVENIL B, o domingo 3 de setembro ás 18:30 no Municipal de Fútbol Platas Reinoso (Baio)
Categoría cadete
OLÍMPICO DE RUTIS CF (xuvenil) - CADETE, mañá martes 29 de agosto ás 17:30 no Municipal de Vilaboa
Torneo Concello de Ordes en Vista Alegre
Primeira Fase
Venres 1 de setembro
17:00: FC BARCELONA - CADETE (campo de herba artificial)
Sábado 2 de setembro
9:00: CADETE - SC BRAGA (campo de herba artificial)
16:00: CADETE - ATHLETIC CLUB (campo de herba artificial)
Os dous primeiros acceden a semifinais mentres que os outros dous equipos pelexarán polas posicións do 5º ao 8º, todo iso a partir das 19:00 horas
SAN TIRSO SD CADETE - CDC SANTA TERESITA, o mércores 30 de setembro ás 19:00 en Abegondo (campo 6)
Torneo Aniversario do UD Santa Mariña, en Cotogrande (Vigo)
Sábado 2 de setembro
10:00: SAN TIRSO SD CADETE - UD SANTA MARIÑA
12:00: SAN TIRSO SD CADETE - PABELLÓN OURENSE CF
16:00: RC CELTA - SAN TIRSO SD CADETE
18:00: SAN TIRSO SD CADETE - UD OURENSE
O formato é de liga todos contra todos. O campión será o primeiro clasificado
Categoría infantil
INFANTIL - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF (cadete), o mércores 30 de setembro ás 19:30 en Abegondo (campo 5)
Torneo Aniversario do UD Santa Mariña, en Cotogrande (Vigo)
Domingo 3 de setembro
9:45: UD SANTA MARIÑA - INFANTIL
11:15: INFANTIL - RÁPIDO DE BOUZAS
15:45: INFANTIL - PABELLÓN OURENSE CF
17:15: RC CELTA - INFANTIL
19:30: INFANTIL - AROSA SC
O formato é de liga todos contra todos. O campión será o primeiro clasificado
BERTAMIRÁNS CF - SAN TIRSO SD INFANTIL, o mércores 30 de setembro ás 19:30 no Municipal de Bertamiráns
SAN TIRSO SD INFANTIL - CD LUGO, o sábado 2 de setembro ás 11:00 en Abegondo (campo 6)