RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ALEVÍNS

O Alevín A despídese do torneo en Corea do Sur con dous bos triunfos

O Alevín do Deportivo puxo o punto e final ao seu participación no torneo Gyeongju International Youth Football (Corea do Sur) con dous triunfos ante os equipos xaponeses do Nara (4-3) e do Osaka (1-0). Fran Varela, técnico deportivis

Ante o Nara, o Alevín A presentou este once: Pablo, Casariego, Gabriel, Marcos, Jorge, Armas, Catoira, Raul, Vermello, Barral e Pablo Carro. Tamén xogaron: Roi, Javi, Josito, César e Juan. Os goles foron de Gabriel (2), Raul e Armas. O cadro branquiazul ademais protagonizou unha espectacular remontada, tras ir perdendo 0-3 no descanso.

Once do Alevín A ante o Osaka: Pablo, Casariego, Gabriel, Marcos, Jorge, Armas, Catoira, Raul, Vermello, Barral e Pablo Carro. Tamén xogaron: Roi, Javi, Josito, César e Juan. O único tanto do encontro foi obra de Barral, tras unha gran xogada colectiva branquiazul.


Os resultados do equipo deportivista no torneo foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN A 1 - THAILAND 3
KASHIMA 1 - ALEVÍN A 0
ALEVÍN A 1 - GUANGZHOU 1
MADAGASGAR 0 - ALEVÍN A 3

O equipo finaliza esta fase con 4 puntos en terceira posición, tras o Kashima (12 puntos) e a Selección de Tailandia (9 puntos).

Fase de consolación
ALEVÍN A 4 - NARA (Xapón) 3
ALEVÍN A 1 - CERDEIRA OSAKA (Xapón) 0