RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ALEVÍNS

O Alevín A gana ás Escolas Calvo esta noite no Mundo do Fútbol

O Alevín A impúxose esta noite ás Escolas Calvo de Carballo (4-1) na liga Comarcal de fútbol sete. Jorge (2), Javi e Alvaro foron os goleadores branquiazuis dun equipo que se coloca de líder con 15 puntos de 15 posibles, igualado co O

Deportivo A: Rumbo, Jorge, Blas, Toni, Alberto, Javi e Alvaro. Tamén xogaron: Angeliño, Sergio, Pablo, Martín, Alex e Gonzalo.

Por certo, este equipo acábase de proclamar campión do Trofeo O Corte Inglés que se disputou o pasado fin de semana en La Torre. O Dépor alevín, integrado por nenos de dez e once anos, non existiu para o suplemento semanal que La Voz de Galicia dedica ao deporte de base e que esta semana dedicou tres páxinas ao evento de La Torre.

A pesar de ser os campións da súa categoría, La Voz de Galicia non considerou oportuno que os nenos do Deportivo tivesen o seu premio e saísen no periódico número uno de Galicia. E iso que nin máis nin menos 12 equipos participantes si quedaron reflectidos nas páxinas do diario coruñés.