RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ALEVÍNS

O Alevín A, subcampión galego do Trofeo Luís Calvo de fútbol once

Hoxe domingo, o Alevín A, campeón do grupo norte, e o Celta, campeón do grupo sur, disputaron nas Eiroas (Carballo), a final absoluta do Trofeo Luís Calvo de fútbol once. Foi superior o equipo céltico (3-0). Así,

Foi o partido máis destacado do fin de semana nas categorías inferiores do Club.

Pola súa banda, o Xuvenil B concluíu hoxe a liga Nacional en Bouzas ante o Rápido. O conxunto de Fran Varela empatou (1-1) e adxudicouse unha máis que meritoria cuarta posición; unido á derrota do Compostela (5-1) ante o Alondras. Deportivistas e compostelanistas chegara a esta xornada igualados a 58 puntos, pero por diante os santiagueses, que teñen gañado o golaverage particular cos coruñeses.

Onte sábado, Infantil B e Benjamín A gañaron e accederon á seguinte rolda da Copa AFAC e o Mini Teresa Herrera respectivamente.

Tamén onte, o Infantil A (xa cuarto clasificado), puxo o punto e final ao Play Off polo título da liga Galega cun espectacular triunfo en Ourense (4-9) ante o Pavillón, despois de ir por detrás no marcador (4-2).

Os resultados do fin de semana foron os seguintes:

Categoría xuvenil
Liga Nacional: RÁPIDO DE BOUZAS 1 - XUVENIL B 1 (Fandiño)

Categoría infantil
Liga Galega, Play Off polo título: PAVILLÓN 4 - INFANTIL A 9 (Pereira, Armas, Juan (3), Álex Alonso e Roi (3))

Copa AFAC, cuartos de final: INFANTIL B 7 (Manu, Pichu (2), Ernesto (2) e Mosquera (2)) - SAN CRISTÓBAL 1

Categoría alevín
Trofeo Luís Calvo, final galega: ALEVÍN A 0 - CELTA 3

Categoría benjamín
Trofeo Mini Teresa Herrera, oitavos de final: BENJAMÍN A 6 (Iván, Enrique (3), Matías e Hugo Baldomar) - IMPERÁTOR 1