O Alevín B abre esta tarde en Abegondo a xornada da canteira
O Alevín B, que recibe esta tarde en Abegondo (18.15, campo 8) ao Sporting Cambre, en partido da Primeira Comarcal (grupo A Coruña - As Mariñas), abre a xornada do fin de semana para a canteira deportivista.
O derbi coruñés de Terceira División entre o Silva e o Fabril, previsto para o domingo 22 de novembro ás 12.15 na Grela, é o partido máis destacado.
En Abegondo só xogará o Xuvenil A e Infantil A (mañá sábado 21 ás 16.00 e 11.00 respectivamente). Para estes partidos, como é habitual, os socios teñen acceso gratuíto á cidade deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.
Lonxe de Abegondo competirán o Xuvenil B (sábado en Redondela), Cadete A (domingo en Monteporreiro - Pontevedra), Cadete B (sábado nas Gándaras - Lugo), Infantil B (sábado en San Pedro de Nós), Alevín A (sábado en La Torre), Benjamín A (sábado na Grela) e Benjamín B (sábado en La Torre).
O calendario do fin de semana é o seguinte:
Terceira División
SILVA - FABRIL, o domingo 22 de novembro ás 12.15 na Grela
Clasificación: 1. Barbadás e Rápido de Bouzas, 24 puntos; 3. Fabril e Cerceda, 23 puntos; 5. Boiro, 22 puntos...
Categoría xuvenil
XUVENIL A - REAL OVIEDO, o sábado 21 de novembro ás 16.00 en Abegondo (campo 1)
Clasificación da División de Honra: 1. Lugo, 25 puntos; 2. Xuvenil A, 24 puntos; 3. Real Racing Club, 23 puntos...
CHOCO - XUVENIL B, o sábado 21 de novembro ás 16.00 en Santa Mariña - Redondela
Clasificación da liga Nacional: 1. Pontevedra, 24 puntos; 2. Xuvenil B, 22 puntos; 3. Areosa, 19 puntos...
Categoría cadete
BORA - CADETE A, o domingo 22 de novembro ás 11.30 en Monteporreiro (Pontevedra)
Clasificación da División de Honra: 1. Celta, 30 puntos; 2. Cadete A, 28 puntos; 3. Bertamiráns, 22 puntos...
LUGO B - CADETE B, o sábado 21 de novembro ás 12.00 nas Gándaras 1 (Lugo)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Cadete B, 30 puntos, 2. Ural, 26 puntos...
Categoría infantil
INFANTIL A - IMPERÁTOR, o sábado 21 de novembro ás 11.00 en Abegondo (campo 7)
Clasificación da liga Galega, grupo 1º: 1. Lugo, 27 puntos; 2. Infantil A, 23 puntos; 3. Calasanz (un partido menos), 21 puntos...
ATLÉTICO SAN PEDRO - INFANTIL B, o sábado 21 de novembro ás 10.00 en Vilanova, San Pedro de Nós (Oleiros)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 30 puntos; 2. San Tirso, 24 puntos...
Categoría alevín
ALEVÍN A - IMPERÁTOR, o sábado 21 de novembro ás 11.00 en La Torre 2
Clasificación da Primeira Comarcal, grupo A Coruña: 1. Alevín A (un partido menos) e Vitoria, 15 puntos; 3. Calasanz A, 11 puntos...
ALEVÍN B - SPORTING CAMBRE, o venres 20 de novembro ás 18.15 en Abegondo (campo 8)
Clasificación da Primeira Comarcal (grupo As Mariñas): 1. Alevín B, 24 puntos; 2. San Tirso e Atlético Arteixo A, 21 puntos...
Categoría benjamín
IMPERÁTOR - BENJAMÍN A, o sábado 21 de novembro ás 13.00 na Grela 2
Clasificación da Primeira Comarcal (grupo A Coruña - As Mariñas): 1. Benjamín A, 18 puntos; 2. Ural A e Luís Calvo A, 15 puntos...
URAL - BENJAMÍN B, o sábado 21 de novembro ás 10.00 en La Torre
Clasificación da Segunda Comarcal (grupo A Coruña - As Mariñas): 1. Benjamín B, 18 puntos; 2. Imperátor C, 15 puntos...