RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ALEVÍNS

O Alevín B cae pola mínima na final da Copa AFAC de fútbol sete

O Deportivo Alevín B perdió esta tarde ante o Imperator (0-1) a final da Copa AFAC de fútbol sete.

Polo Deportivo B xogaron: Pablo, César, Armas, Josito, Catoira, Juan e David Vermello. Tamén tiveron minutos: Javi, Jorge, Casariego, Marcos e Pablo Carro.

O equipo deportivista pon punto e final hoxe mércores a unha tempada na que logrou o título da liga Local de fútbol sete.

O club clasificou a todos os seus equipos para as finais das súas respectivas categorías da Copa AFAC: Alevín B, Xuvenil B, Cadete A, Infantil A e Infantil B. Mañá xoves 30 de xuño a quenda será para a categoría xuvenil, tamén co Deportivo B, esta vez ante o Calasanz, ás 20.00 horas na Grela I.