RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ALEVÍNS

O Alevín B cóase na final da Copa tras eliminar á Vitoria

O Alevín B derrotó esta tarde en Meicende á Vitoria (3-1) e logra así o billete para a final de Copa.

Alevín B: Brais, Álvaro, Iago, Jairo, Nils, Chucas, Beltrán e Róber. Tamén xogaron: Pablo Buján, David, Miguel, Hugo e Noel. Iago, Nils e Chucas foron os autores dos goles branquiazuis ante a Vitoria.

O equipo deportivista, dirixido por Posi, eliminou en cuartos de final ao Peñarredonda (5-0), rolda á que accedeu tras ser campión do grupo terceiro.

O rival na gran final será o Atlético Os Castros, en data aínda por determinar.