RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
31 mai 2009

O Barcelona levou inxustamente un punto de Riazor ante un Dépor superior

var ivPlayer694794 = new IVPlayer("350", "285",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer694794.playVideo('player694794', 'lfp08-09_j38_deportivo1-barcelona1_30-0

Se o Sevilla clasificouse para a final da Copa do Rei en lugar do Athletic Club, o Dépor estaría agora mesmo clasificado para xogar a Copa da UEFA, posto que Sevilla e Barcelona, o outro finalista copeiro, xogarán Champions League e a terceira praza de UEFA quedaría para o sétimo clasificado liga. Ao pasar á final o Athletic, esta terceira praza europea foi para os leóns a pesar de perder a Copa ante o Barcelona.

A mala fortuna de novo aliouse en contra do Deportivo esta noite ante un Estadio de Riazor que luciu as mellores galas. Hai unha semana, o sevillista Perotti daba o gol do triunfo ao Sevilla no último minuto e en fóra de xogo. Hoxe, e tras fallar o Dépor claras ocasións durante case os 90 minutos, Eto´ou empatou un encontro no minuto 90 para un Barcelona hoxe inferior ao Deportivo.

Mereceu gañar o Dépor ante un rival que viña pensando xa nas vacacións pero que aliñou sobre o terreo de xogo a moitos máis titulares do que se podía pensar a priori. Así, Xavi, Etoó, Piquei, Keita, Touré... xogaron de inicio dispostos a acabar a liga sumando algún punto. E conseguírono grazas a Etoó, que de novo volveu marcar ao Deportivo, un equipo que se lle dá de marabilla.

O partido foi aberto, con dous equipos lanzados ao ataque e con oportunidades para os dous bandos. No Dépor Valerón volvía ao once inicial en lugar de Verdú. Esta foi a gran novidade no once branquiazul. O Dépor puido xa adiantarse ao quedar só Gardado ante Pinto. O mexicano enviou alto tratando de esquivar á meta andaluz do Barcelona.

O gol que puña por diante aos branquiazuis ante o delirio de Riazor chegou á media hora, ao cabecear Bodipo na área un centro desde a banda esquerda. O tanto facía xustiza aos méritos coruñeses.

Tras o descanso, seguiu o dominio deportivista, que foi o que creou as mellores oportunidades de gol. A máis clara quizais foi unha xogada na que Lafita queda só ante Pinto e, en lugar de ceder a Bodipo que se achaba totalmente só e sen porteiro, optou por xutar a porta. O seu remate sacouno o porteiro barcelonista. Pero a última bala foi para Etoó, un especialista en marcarlle ao Dépor, que tentou por todos os medios achegarse a Forlán na loita polo pichichi. Aproveitou a única indecisión da zaga deportivista, a única, para plantarse só ante Aranzubía e baterlle na súa saída. Era o minuto 90 e o Barcelona levou inxustamente un empate de Riazor.

Deportivo da Coruña: Aranzubia; Manuel Pablo, Lopo, Zé Castro, Filipe Luís; Pablo Alvarez (Lafita; m.59), Valerón (Verdú; m.82), Gardado; e Bodipo (Riki; 68).

Goles: 1-0; m.31, Bodipo. 1-1; m.90, Eto''ou.

Arbitro: Medina Cantalejo, do Colexio Andaluz. Mostrou cartón amarelo a Sergio, por parte do Deportivo.