RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
CADETES

O Cadete A competirá este fin de semana no Torneo Piru Gainza en Basauri

O Cadete A, que finalizó o pasado sábado como destacado e claro campeón a liga da División de Honra, desprazarseá este próximo fin de semana a Basauri para disputar a undécima edición do Torneo Piru

O equipo de Secho quedou encadrado no seu grupo co Lanzarote e co Athletic Club. O sábado 6 de xuño medirase ao Lanzarote ás 11.15 e ao Athletic Club ás 16.30. O primeiro do grupo xogará a final contra o primeiro do outro grupo, que está integrado polo Atlético de Madrid, Real Sociedade e unha Selección de Basauri. Os dous segundos disputarán o terceiro e cuarto posto.

Outro dos equipos de categorías inferiores que ten partido amigable este fin de semana é o Infantil A, que viaxará a Ourense para disputar no Campo dos Remedios un trofeo organizado polo Club Pavillón. O equipo deportivista está no mesmo grupo que o Pavillón e o Chaves de Portugal. No outro están a Residencia, Celta e Barbadás.

O sábado, o Infantil A enfróntase ás 12.15 ao perdedor do primeiro partido que xogarán o Pavillón e o Chaves. Ás 13.35, o Dépor medirase ao gañador dese primeiro partido.

Antes, concretamente mañá mércores, o Infantil A recibe ao Lugo ás 19.30 no Mundo do Fútbol en partido da liga Galega adiantado á xornada. Podería haber alirón deportivista mañá mesmo.