RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
CADETES

O Cadete A disputará a Fase Intermedia de Cópaa Coca Cola o vindeiro sábado 31 de maio en Xixón

Como campeón da Fase Galega, o Cadete A disputará a Fase Intermedia de Cópaa Coca Cola o próximo sábado 31 de maio nos campos federativos de Rozamentos (Gijon).

Os rivais serán o Sporting de Xixón e o Real Racing Club, campións autonómicos e ademais das súas respectivas ligas rexionais cadetes.

O calendario de competición é o seguinte:

10.00: CADETE A - SPORTING DE XIXÓN (campo 2)
11.15: REAL RACING CLUB - CADETE A (campo 2)
12.30: SPORTING DE XIXÓN - REAL RACING CLUB (campo 2)

O primeiro clasificado accederá á Fase Final, en Madrid a mediados de xuño.

O Cadete A proclamouse esta tempada campión da División de Honra e campión da Fase Galega de Cópaa Coca Cola.

Nesta competición, a tempada pasada foi subcampión de España, tras caer na final nos penaltis ante o Málaga, en Vallecas.