RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
CADETES

O Cadete B conquista a liga Galega e suma o sexto título da canteira

Un gol de Dani Igrexas no último minuto do desconto sirvió ao Cadete B para conquistar o título da liga Galega precisamente ante o outro gran aspirante, o Racing de Ferrol.

Os ferroláns chegaban a esta última xornada con tres puntos de vantaxe e con dous goles de renda no golaverage particular grazas ao seu triunfo (5-3) na primeira volta. Hoxe, con todo, o Cadete B xogou ao campión e o título quedou no Mundo do Fútbol co agónico triunfo (4-1) branquiazul cando todo parecía xa destinado a xogar un partido de desempate para dilucidar o campión.
 
Desta forma, o Cadete B sumar ao Xuvenil A (campión da División de Honra), Xuvenil B (campión da liga Nacional), Infantil A (campión da liga Galega), Alevín A (campión da liga Comarcal de fútbol sete) e Alevín B (campión da liga Local de fútbol sete).
 
Cadete B: Santi; Toni, Sada, Jorge, Rober, Gabi, Sánchez, Sergio, Javi, Dani Igrexas e Darío. Tamén: Dani Hernández, Bicho, Pablo Novo, Diego e Pablo. Os goles foron de Dani Igrexas (2), Darío e Jorge.
 
Despois deste logro, o Cadete B seguirá unhas semanas máis adestrando para participar nalgún que outro trofeo amigable.
 
Estes foron os resultados ata a data do Cadete B na liga Galega:

Cadete B 5 - Betanzos 0
Vitoria 0 - Cadete B 2
Olímpico 1 - Cadete B 5
Cadete B 4 - Lugo B 0
Santa Comba 1 - Cadete B 1
Cadete B 2 - Orillamar 2
X. Aguiño 0 - Cadete B 5
Cadete B 2 - Sporting Estrada 1
Portuarios 1 - Cadete B 1
Cadete B 0 - Montañeiros B 0
Conxo B 0 - Cadete B 4
Racing Vilalbés 3 - Cadete B 0
Cadete B 5 - Imperator 3
Escolas Lalín 0 - Cadete B 2
Cadete B 5 - Residencia 1
Racing de Ferrol 5 - Cadete B 3
Betanzos 3 - Cadete B 1
Cadete B 3 - Vitoria 1
Cadete B 4 - Olímpico de Rutis 0
Lugo B 0 - Cadete B 3
Cadete B 6 - Santa Comba 1
Orillamar 1 - Cadete B 3
Cadete B 6 - X. Aguiño 0
Sp. Estrada 2 - Cadete B 1
Cadete B 3 - Portuarios 0
Montañeiros B 0 - Cadete B 2
Cadete B 2 - Conxo B 0
Cadete B 2 - Racing Vilalbés 0
Imperator 0 - Cadete B 4
Cadete B 2 - Escolas Lalín 0
Residencia 1 - Cadete B 0
Cadete B 4 - Racing de Ferrol 1