RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
CADETES

O Cadete B queda a un paso da xesta na final autonómica da liga Galega

O Cadete B se proclamó subcampeón da liga Galega ao caer na quenda de penaltis da final co Celta (2-4), después de chegar ao tempo regulamentario con empate a tres goles.

No Novo Campo do Doce en Escravitude (Padrón) víronse as caras o campión do grupo norte, o Cadete B, fronte ao campión do grupo sur, o Celta B.

A final foi de tinguiduras heroicas para os pupilos que dirixe Adrián, que remontaron un 0-3 co que se adiantaron os célticos no marcador. Armas, Catoira e Álvaro foron os autores dos tantos branquiazuis.

A puntaría nos lanzamentos fatídicos ditou sentenza, esta vez favorable ao Celta B.

Cadete B: Antón, Isra, Álvaro, Tomei, Roi, Pereira, Armas, César, Vermello, De Castro e Óscar Lorenzo. Tamén xogaron: Catoira, Casariego, Alex Pérez, Xaime e Valencia.