RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Club abrirá en breve o prazo de acreditación para os accionistas que vaian asistir á Xunta

O Club abrirá en breve o prazo de acreditacións para todos aqueles accionistas que non delegasen o seu voto e queiran asistir á Xunta Extraordinaria da próxima semana. En canto sexa posible, o Club o hará público nas súas can

De conformidade co disposto na Lei de Sociedades de Capital e nos Estatutos Sociais, convócase Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas, que se celebrará no Colexio Santa María de Mar (Avenida da Pasaxe, nº 69) desta cidade, o próximo día 21 de Xaneiro de 2014 ás 20:00 horas en primeira Convocatoria e, no seu caso, en segunda Convocatoria, o día 22 de Xaneiro de 2014, á mesma hora e no mesmo lugar, con arranxo á seguinte Orde do Día:

Primeiro.- Cesamento, no seu caso, dos membros  do actual Consello de Administración.

Segundo.- Determinación, se procede, do futuro número de Conselleiros  dentro dos límites fixados polos Estatutos Sociais.

Terceiro.- Nomeamento, no seu caso, de novos Conselleiros.

Dereito de Asistencia: Poderán asistir á Xunta Xeral os accionistas que de forma individualizada ou agrupadamente con outros, sexan titulares dun mínimo de dúas accións.

Dereito de Representación: Todo accionista que teña Dereito de Asistencia poderá facerse representar na Xunta Xeral por medio doutra persoa, de conformidade co disposto nos Estatutos.

A representación deberá conferirse por escrito e con carácter especial para estas Xuntas, observándose no demais as disposicións legais na materia.

Dereito de Información: De acordo co disposto nos artigos 197 e concordantes da Lei de Sociedades de Capital, e 15 dos Estatutos Sociais, advírtese expresamente aos señores accionistas do seu dereito de solicitar no domicilio social e, no seu caso, obter de forma gratuíta e inmediata a información ou aclaracións que estimen precisas acerca dos asuntos comprendidos na Orde do Día da Xunta.

Na Coruña, a 22 de Novembro de 2013.