RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Club cita a Stefan Deak para iniciar a pretemporada o 5 de xullo

O Real Club Deportivo citou para iniciar a pretemporada o próximo venres 5 de xullo ás 9.00 horas no Mundo do Fútbol a Stefan Deak, central serbio (23-3-1991) que militó a pasada tempada cedido no BCF Seófok de Hungría.

Ademais, Fernando Vázquez convocou a estes futbolistas ese 5 de xullo: Aranzubia, Laure, Manuel Pablo, Ayoze, Aythami, Alex Bergantiños, Seoane, Juan Carlos, Juan Domínguez, Bruno Gama, Paulo Assunçao, Ze Castro e Rochela.

O corpo técnico do primeiro equipo fixo chegar a pasada semana aos futbolistas citados un plan de traballo para estes días de descanso. Trátase dun programa de forza e cardiovascular deseñado polos preparadores físicos branquiazuis para realizar en ximnasio ou en carreira. O obxectivo é chegar ao comezo en condicións físicas idóneas para afrontar con garantías o traballo esixente a nivel físico que require toda pretemporada.