RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Depor, á final do Trofeo Ramon de Carranza

Sergio saúda ao ex-deportivista Diego Tristán O Deportivo xogará este sábado ás 22.00 a final do Trofeo Carranza ao imporse hoxe ao Cádiz (1-3) na primeira semifinal. O seu rival saldrá da Valencia-Sevilla que se xoga m

Miguel Anxo Lotina segue dando minutos aos seus xogadores e, como recalcou en rolda de prensa o pasado mércores, o equipo do Santiago Bernabéu na primeira xornada de Liga será moi parecido ao que xogue o Trofeo Cidade de Pamplona do próximo domingo 23 de agosto.

Hoxe no Estadio Ramón de Carranza foi mellor o Dépor na primeira metade, a pesar de que o Cádiz, que este ano regresa á Segunda División, adiantouse nos primeiros compases. Toedtli coouse "" entre os dous centrais do Dépor e rematou a pracer ante Aranzubía o saque dunha falta que non existiu desde o costado dereito do ataque andaluz.

O gol fixo que o Cádiz se replegara e cedéselle o balón e o campo ao Dépor. Erro que pagou con fartura a escuadra amarela. A sensación que o equipo amarelo transmitía á bancada era de que o marcador era máis provisional que nunca. Así, dous chispazos déronlle a volta á tortilla antes do descanso. Pablo Álvarez forza un claro penalti cando se marchaba só á meta gaditana. Sergio non falla e empata o partido. Ía media hora e a bancada comezou a asumir a lóxica superioridade deportivista. Pouco despois, e en pleno desconcerto gaditano, Bodipo culmina unha boa xogada combinativa do ataque coruñés.

No segundo tempo, Lotina introduce dous cambios de inicio. Pablo Álvarez deixa o seu posto a Mista na banda dereita e Juca fixo o propio con Alex, con moita xente do Xerez na bancada vendo as súas evolucións.

Puido marcar o Dépor o terceiro grazas a Mista, que rematou no primeiro pau un bo centro de Valerón. Sacou in extremis o porteiro Dani. Pero o partido cambiou radicalmente. Os de Lotina esquecéronse da pelota e o Cádiz fíxose dono do terreo de xogo. Aínda sen crear grandes ocasións, o empate roldaba a meta de Aranzubía.

Pero apareceu Mista. Ao entrar Lafita por Bodipo, o murciano ocupou a punta de ataque na recta final do partido. E aproveitou a súa oportunidade. No últimos cinco minutos, Mista recolle un balón na zona de tres cuartos, desfaise de varios contrarios con gran facilidade e cruza a pracer ante a saída de Dani. Un bonito gol que serve ademais para mostrar a recuperación deste futbolista.

Mañá venres toca esperar o rival, que sairá da Valencia-Sevilla.

Cadiz: Dani, Cristian G., Da Costa, Dani Fragoso, Raul Lopez, Jon Erice, Abraham, Enrique (m. 61, Velasco), C. Caballero (m. 78, J.M. Caballero), Lopez (m. 70, Arriaga), Toedtli (m. 61, Tristan).

Deportivo: Aranzubia, Manuel Pablo, Colotto, Adrian Lopez "Piscu", Angulo, Sergio, Juca (m. 46, Alex), Pablo Alvarez (m. 46, Mista), Ivan Perez (m. 66, Juan Dominguez), Valeron (m. 66, Juan Rodriguez) e Bodipo (m. 60, Lafita).

Arbitro: Piñeiro Zamorano, do Colexio Castelán-Manchego. Amoestou por parte do Depor a Pablo Alvarez, Juan Dominguez e a Juan Rodriguez.

Goles: 1-0, m. 20: Toedtli remata de cabeza a pracer unha falta inexistente que se invento Piñeiro Zamorano; 1-1, m. 31: Sergio, de penalti claro labor a Pablo Alvarez; 1-2, m. 33: Bodipo culmina unha boa combinación do ataque deportivista; 1-3, m. 88: Mista, nunha gran xogada persoal.

Incidencias: Estadio Ramon de Carranza. Menos de media entrada nunha noite moi calorosa.