RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA adianta o sábado o horario do adestramento para viaxar ao acabar a Cáceres por estrada

Os case 650 quilómetros que separan Abegondo de Cáceres obrigaron ao Dépor ABANCA a adiantar o sábado o horario do adestramento na Cidade Deportiva, último antes do choque de ida da semifinal do playoff de ascenso ante o Cacereño Feminino do domingo 21 de maio ás 12:00 no Centro Deportivo Federativo Manuel Sánchez Delgado.

Así, As Nosas arrincarán o traballo o sábado en Abegondo ás 9:30 para, a partir das 11:15, subirse ao autocar rumbo á localidade cacereña de Miajadas, cuartel xeral do Dépor ABANCA en Estremadura, a 65 km da capital cacereña.

O regreso á Coruña da expedición branquiazul será tralo partido.

A folla de ruta do Dépor ABANCA é a seguinte:

Sábado 20 de maio
9:30: Adestramento en Abegondo
11:15: Saída en autocar a Miajadas, con parada a comer en La Bañeza
20:30: Chegada ao Hotel Triana (Miajadas)

Domingo 21 de maio
12:00: Cacereño Feminino - Deportivo ABANCA, no Centro Deportivo Federativo Manuel Sánchez Delgado
Ao concluír, viaxe de regreso por estrada á Coruña