RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor afánase hoxe en ABANCA-RIAZOR en "limar as cousas que nos fan falta para facer un bo partido"

O Dépor completou esta mañá o único adestramento desta semana previsto en ABANCA-RIAZOR antes da ida das semifinais do playoff de ascenso a Segunda División, o domingo 4 de xuño ás 19:00 horas (TVG-2 e InSports.tv) ante o CD Castellón.

Ian Mackay, un dos capitáns do cadro, subliñou esta mesma mañá na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que os branquiazuis se afanan en "limar as cousas que nos fan falta para facer un bo partido".

O meta coruñés destaca que "estamos a traballar para chegar nas mellores condicións tanto mentais como físicas. O aspecto mental é importante porque non é un de liga no que quedan moitos máis senón que este é o máis importante".

Con David Mella como representante de #ANOSACANTEIRA, só Quiles continúa con traballo especializado.

Após un quecemento de apenas 10 minutos, Rubén de la Barrera pasou inmediatamente ao traballo táctico en espazos amplos nunha simulación do que se pode atopar o equipo o domingo en ABANCA-RIAZOR.

A xornada no céspede desta mañá incluíu tamén unha tarefa de partidos en espazo reducido, de alta intensidade.

Mañá xoves 1 de xuño, Os Nosos regresarán a Abegondo con almorzo ás 9:00 e adestramento sobre o céspede ás 10:30.