RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor arranca mañá martes a semana de traballo previa á visita do CF Fuenlabrada a ABANCA-RIAZOR

O Deportivo inicia mañá martes 4 de abril a semana de adestramentos previa a próxima cita no grupo 1º de Primera Federación, o sábado 8 de abril ás 19:00 horas en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e InSports.tv) ante o CF Fuenlabrada.

A xornada da fin de semana deixou a Os Nosos na 4ª posición da táboa con 54 puntos, por detrás do Racing de Ferrol (3º con 55 puntos e 1 partido menos), Real Madrid Castilla (56 puntos) e AD Alcorcón (58 puntos).

Óscar Cano dispuxo dúas sesións matinais en Abegondo (martes e xoves) e outras dous matinais en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada (mércores e venres).

Cada vez que haxa actividade na Cidade Deportiva, os futbolistas estarán citados ás 9:00 para almorzar xa na instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 4 de abril
10:30 h., en Abegondo

Mércores 5 de abril
10:30 h., en ABANCA-RIAZOR

Xoves 6 de abril
10:30 h., en Abegondo

Venres 7 de abril
10:30 h., en ABANCA-RIAZOR

Sábado 8 de abril
19:00: Deportivo - CF Fuenlabrada, en ABANCA-RIAZOR