RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

O Dépor B iguala en Fuenlabrada sen goles

O Deportivo B empata a ceros en Fuenlabrada e todavía non coñece a derrota no seu regreso á Segunda División B. O filial branquiazul baixa á segunda posición, pero mantense na zona nobre da clasificación.

Perico Ramallo aliñou de inicio a: Fabricio, Laure, Chapi, Juanan, Roberto Casado, Alex, Pita, José Areas, Iván Pérez, Iván Carril e Rivera. Tamén xogaron: Nacho, Aridane e Borja.

O equipo descansa o luns e volverá aos adestramentos o martes pola tarde no Mundo do Fútbol. O seguinte compromiso será o domingo 7 de outubro ás 12.00 (hora peninsular) nas Palmas ante a Universidade das Palmas.

Nos outros dous partidos de categorías inferiores, o Cadete A impúxose ao Orillamar na División de Honra (0-2) en choque xogado no campo coruñés da Leyma e o Cadete B da liga Galega empatou a un gol ante a Cidade de Santiago.