RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor cae en Xixón vítima da maior efectividade do Sporting

var ivPlayer1767293 = new IVPlayer("350", "285",false, "http://www.canaldeportivo.tv/", "/i/player/1342b.gif",IVPlayer.TYPE_JWPLAYER4, "/i/player/skin-depor.swf"); ivPlayer1767293.playVideo('player1767293', 'lfp08-09_j27_sporting3_deportivo2_15

Lotina despexou xa en Xixón a aliñación deportivista. A novidade foi o regreso de Gardado no carril esquerdo en lugar do pivote De Guzman, que ocupou sitio no banco. Colotto sentou ao canteirán Adrián López no centro da zaga respecto ao partido do pasado domingo en Riazor ante o Real Racing. Os demais, os habituais.

O Dépor puxo o fútbol despois da saída en tromba do Sporting de Xixón, que acantoou aos de Lotina nos primeiros minutos. Gardado e Juan Rodríguez tiveron as oportunidades máis claras ante un estadio que xa cantaba o tanto deportivista. Posteriormente Lafita foi o que tivo nas súas botas o adiantar ao seu equipo no marcador.

Pero tras o descanso, o partido rompeu. No minuto 49, Aranzubía non logra atallar un balón cómodo e Luís Morán aproveita o rexeite da meta deportivista para marcar a pracer.

Pouco despois, sen tempo para reaccionar, Rodríguez Santiago, colexiado do partido, aprecia como penalti unha acción moi rigorosa na área deportivista. Barral transforma a pena máxima que puña inxusta e claramente ao Sporting por diante no marcador en apenas seis minutos (2-0).

Lotina move banco. Entran Riki e Pablo Álvarez, un que regresaba a casa, por Gardado e Lassad. O equipo branquiazul (hoxe de negro) envórcase sobre Lafuente, que ademais tiña detrás a toda a inchada deportivista. Rodríguez Santiago agora si acerta ao pitar un claro e dobre penalti sobre Verdú e Riki que Sergio transforma no minuto 67. Aínda hai partido (2-1).

Con todo, o encontro vólvese a pór costa arriba catro minutos despois. Falta inexistente que Rodríguez Santiago pita en contra do Dépor a uns 35 metros. O Sporting tócaa en curto para que José Ángel, de forte tiro raso pegado ao pau e salvando a barreira, enchufe o balón na portaría de Aranzubía (3-1).

Con tres mil deportivistas desgañitándose, o Dépor non baixou os brazos. Seguiu apertando ata o último suspiro. Filipe, nunha gran xogada persoal, fai o máis difícil con varios recortes e xuta alto con varios compañeiros agardando un centro. Juan Rodríguez, desde a frontal, estivo a piques de marcar pero o seu disparo desde fóra da área desvíao Lafuente a saque de esquina. O abafo era total para o Sporting que aínda aumentaría co segundo penalti que Rodríguez Santiago pita a favor do Deportivo, este a Riki, que foi desequilibrado na área cando se aprestaba a rematar de cabeza un centro desde a dereita. O propio Riki encárgase de transformar no 3-2, xa definitivo, a falta de catro minutos para o final.

O encontro concluíu con derrota inxusta do Dépor ante un efectivo Sporting de Xixón. Os xogadores deportivistas despedíronse do Molinón agradecendo aos seus afeccionados o apoio recibido desde a bancada e repartindo as súas camisetas entre eles.


Deportivo: Aranzubia, Laure, Lopo, Colotto, Filipe, Juan Rodríguez, Sergio (Valerón, m. 78), Lafita, Verdú, Gardado (Riki, m. 55) e Lassad (Pablo Álvarez (m. 63).

Árbitro: Rodríguez Santiago (Colexio Castelán-leonés). Mostrou cartóns amarelos a Filipe e a Lopo por parte do Deportivo.

Goles: 1-0, m. 49: Luís Morán; 2-0, m. 51, Barral de penalti; 2-1, m. 67, Sergio de penalti; 3-1, m. 71: José Ángel; 3-2, m. 85: Riki de penalti.