RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor colabora na campaña de avaliación de risco cardiovascular de HM Hospitais

  Víctor Sánchez do Amo, adestrador do Real Club Deportivo, e Manuel Pablo, capitán do equipo participaron este mediodía en O Obelisco en cámpaaña “Non te arrisques, corazón” do Hospital HM Mo

Víctor e Manuel Pablo sometéronse a un test de avaliación do seu risco cardiovascular. Ademais de medirlles a tensión ou o nivel de colesterol, persoal especializado someteulles a un test para avaliar os seus hábitos, antecedentes propios e familiares, achegándolles un informe final coa porcentaxe de risco que presentan. Como deportistas de elite, as súas condicións físicas e médicas son óptimas.
 
 
O obxectivo da campaña de HM Hospitais - Hospital HM Modelo, é sensibilizar á poboación da Coruña sobre a necesidade de observar uns hábitos saudables que contribúan a previr eventuais problemas cardiovasculares.
 
Ademais da presenza do adestrador e o capitán este mediodía nos Cantóns, o Deportivo tamén protagoniza a nivel de imaxe a campaña a través dos dous porteiros do equipo, Germán Lux e Fabricio Agosto.