RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor concéntrase esta noite no Hotel Hesperia Finisterre con 18 futbolistas

Miguel Ángel Lotina realizó 6 descartes dos 24 futbolistas que esta mañana adestráronse a porta pechada en Riazor para preparar o encontro de Copa da UEFA ante o Hadjuk Split de Croacia.

O técnico vasco concentrará esta noite no Hotel Hesperia Finisterre a estes 18 homes: Aranzubia, Fabricio, Manuel Pablo, Lopo, Laure, Ze Castro, Adrián López, Gardado, Filipe, Juan Rodríguez, De Guzman, Sergio, Antonio Tomás, Lafita, Valerón, Riki, Xisco e Omar Bravo.

Lotina, en rolda de prensa, pediu o apoio do deportivismo para sacar un bo resultado: "Quen veña ao Estadio pensando que vai ser fácil está moi equivocado. Por iso pido o apoio da nosa xente para que nos dean ese osíxeno que aínda non temos".

Así mesmo, Valerón, que se perfila como titular mañá xoves a partir das 21.00 horas, cre que a eliminatoria será "igualada". O internacional grancanario móstrase "moi contento" da súa pretemporada. "Todo marcha fenomenal. Pensei que me ía a custar algo máis entrar de novo", comentou Valerón na sala de prensa do Estadio de Riazor.