RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor continúa a súa progresión pero cae inxustamente en Braga

  O  Deportivo segue crecendo como equipo pero non logró o triunfo no seu cuarto amigable de pretemporada, no que cayo pola mínima (1-0) de maneira inxusta ante un Sporting Braga reforzado e más rodado que os branqui

Víctor Fernández introduciu varios cambios respecto ao partido na cidade universitaria, cun equipo titular sen apenas xogadores do filial. Insua, Laure, Canella, Juan Domínguez,  José Rodríguez, Fariña e Toché saltaron xa de inicio ao AXA Estadio de Braga.
 
Foi o conxunto portugués o que roldou máis a área de Fabricio na primeira parte, con algunha que outra oportunidade, pero o Deportivo puido marcar en tres ocasiones claras, todas elas na recta final: unha falta de Luisinho ao bordo da área que se foi fóra por pouco, un disparo do propio Luisinho ao pau tras unha gran xogada de Fariña e un man a man de Toché que sacou a meta local.
 
Ao descanso chegouse con empate sen goles e a segunda parte arrincou con ocasións para ambos os equipos. Ata tres duros disparos tivo que sacar Fabricio, mentres na área rival Toché estrelaba outro balón no pau. O propio dianteiro murciano, en boca de gol, non chegou por milímetros a un pase da morte de Luisinho. Con empuxar o balón fose suficiente.
 
A segunda parte foi máis aberta, con múltiples cambios nos dous equipos e ocasións en ambas as portarías. A última franca do Deportivo foi un remate de cabeza de Wilk, totalmente libre de marca, que se foi lixeiramente desviado. Sasso, nos últimos minutos, aproveitou un despexe de Fabricio tras saque de falta, para empuxar o balón ao fondo da portaría e desnivelar un marcador que ben mereceu acabar en empate con goles.
 
Sporting Braga: Matheus, Tiago Gomes, Wallace, Rubén Micael, Rafa, Ze Luís, Pedro Tiba, Custodio, Santos, M. Goiano e Pardo. Tamén xogaron: André Pinto, Salvador Agra, Alan, Baiano, Sasso, Luiz Carlos, Pedro Santos, Pedro Ederzito, Danilo, Baiano, Fabio Martins, Kritciuk (meta suplente) e Víctor Golas (meta suplente).
 
RC Deportivo: Fabricio, Laure (C) (Manuel Pablo, min. 60), Lopo, Insua (Álex Bergantiños, min. 62), Canella (Seoane, min. 58), José Rodríguez (Wilk, min. 60), Juan Domínguez (Iago, min. 76), Fariña (Dani Igrexas, min. 65 - Róber, min. 90), Remeseiro (Arizmendi, min.45), Luisinho (Cardoso, min. 82), Toché (Borja, min. 65)
 
Árbitro: Jorge Sousa (Portugal). Expulsou a Manuel Pablo no minuto 89 por protestar. Tamén amoestou a Juan Domínguez (min. 57), Arizmendi (min. 70), Seoane (min. 77) e Fabricio (min. 89). 
 
Goles: 1-0 (min. 85) Sasso
 
Incidencias: partido de presentación do Sporting Clube de Braga ante a súa afección no AXA Estadio de Braga. Media entrada.