RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

O Dépor e a AFAC convidan a todas as nenas e nenos da provincia ao concurso para elaborar o cartel do "Día do Fútbol Afeccionado"

O vindeiro domingo 23 de abril, o RC Deportivo e a Asociación de Fútbol Afeccionado Coruñés celebran o Día do Fútbol Afeccionado da Cidade, que terá como colofón o partido adicado a todo o fútbol da Coruña entre o RC Deportivo e a AD Ceuta.

Unha das actividades vencelladas a ese día e o concurso para a elaboración do cartel co que se promocionarán todas as actividades a desenvolver.

A través do Concurso “O Dépor somos todas as persoas deportivistas” preténdese obter ideas de nenas e nenos, de 7 a 12 anos, para a confección do cartel anunciador do encontro RC Deportivo - AD Ceuta, sinalado como “DÍA DO FÚTBOL AFECCIONADO DA CIDADE - O DEPOR É A CORUÑA” produto do convenio de colaboración asinado entre o RC Deportivo e a Asociación de Fútbol Afeccionado da Coruña (AFAC).

As propostas poderanse remitir antes do vindeiro 13 de abril:

- Por correo postal a ASOCIACIÓN DE FÚTBOL AFECCIONADO DA CORUÑA (Cidade Deportiva “Arsenio Iglesias” – Rúa Doctor Vázquez Iglesias, 2 15002 - A Coruña).
- En PDF ou fotografía (formato jpg) vía on-line á dirección de correo electrónico “info@afacoruna.com”.

Todas as bases do concurso poden consultarse aquí.