RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor entre os 14 mellores clubs españois do Século XX

Curiosa a clasificación que acaba de facer pública a Federación Internacional de Historia e Estadeística (IFHHS), un organismo que establece un ranking de equipos exclusivamente con criterios deportivos.

O Real Club Deportivo, nunha clasificación que vai desde o ano 1901 ao ano 2000, é dicir, sen contar coa etapa dourada que para o Club deportivista supuxo a liga de Campións (do ano 2000 ao 2005), é décimo cuarto de España e está entre os 200 do mundo, concretamente no posto 171.

No Século XXI é onde se produce a verdadeira explisión do Dépor, que estivo entre os 10 mellores Clubs do Mundo durante tres anos consecutivos: 2001, 2002 e 2003.

A clasificación dos primeiros equipos españois nese período de tempo (do ano 1901 ao ano 2000) queda así: 1. Real Madrid; 2. Juventus; 3. FC Barcelona; 4. Milan AC;  5. FC Bayern München... 12. Club Atlético de Madrid; 30. Valencia; 37. Real Zaragoza; 98. RCD Espanyol; 102. Athletic Club de Bilbao; 117. Real Sociedade; 129. Mallorca; 137. CD Tenerife; 171. Real Club Deportivo...

Podes consultar o ranking aquí.