RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

O Dépor, in extremis e con dez futbolistas, salva un punto ante o Córdoba

O Deportivo, que jugó a última media hora con dez futbolistas por unha inxusta expulsión de Luisinho (a primeira foi tras un penalti non señalado), rescató un punto no minuto 87 de partido grazas á entrega de todo o equi

Grazas a este punto, o equipo branquiazul suma 27 puntos na decimoséptima praza, fóra das posicións de descenso.

Con tres partidos nunha semana, o Dépor presentou esta tarde ante o Córdoba en Riazor varias novidades no once inicial respecto ao partido do pasado domingo en Xetafe: Lopo, José Rodríguez, Conca e Toché relevaron a Insua, Lucas, Laure e Oriol Rise respectivamente.

Fabricio, Sidnei, Juanfran (que atrasou a súa posición e de volante pasou a lateral destro), Luisinho, Álex, Borges e Fariña repetiron titularidade.

En fronte, un Córdoba que se presentaba na Coruña moi necesitado de puntos e consciente de que unha derrota practicamente sería a súa sentenza á tempada.

O Dépor saíu moi enchufado. Aos dous minutos, Fariña plantouse na frontal da área tras un par de caracoleos e o seu tiro raso e axustado ao pau dereito sacouno con moitos apuros a meta Juan Carlos. Un minuto despois, Conca, entrando por banda dereita ao centro, xutou tamén desde a frontal lixeiramente alto.

Aos  17 minutos, Prieto Igrexas, colexiado do encontro, amoestou a Luisinho por simular un penalti na área andaluza. Si hai contacto entre o defensa cordobés Pantic e o xogador deportivista, que realizara unha gran xogada pola banda esquerda.

Fabricio salvou no minuto 25 o primeiro do Córdoba nunha rápida xogada por banda dereita que acabou en centro que remata só Borja García e que obriga a tirar de reflexos ao gardameta canario que, instantes antes, tivera que recibir asistencia por un forte golpe no pescozo nunha acción que acabara en gol, anulado, ao Córdoba.

Conca no 30 por banda esquerda tentouno de disparo cruzado que atallou en dous tempos Juan Carlos. A seguinte tívoa Juanfran tras regatear con perna dereita e disparar raso e axustado coa zurda ás mans da meta andaluz.

O Córdoba tampouco cejó no seu empeño e de novo Fabricio tivo que intervir para cortar un perigoso centro ao corazón da área de Edimar.

Esmagou o Dépor nos minutos finais da primeira metade, con varios saques de esquina. Na última xogada, Prieto Igrexas anulou un gol a Toché por fóra de xogo do dianteiro deportivista, que desviou un cabezazo de Borges.

A segunda metade arrincou sen cambios nos dous equipos e co Córdoba metendo atrás ao Dépor. O primeiro achegamento con perigo foi para o conxunto andaluz. Bebe xuta moi forte desde a frontal, Fabricio non atalla e Lopo, atento, saca a córner ante a chegada de Heldon ao rexeite.

Tanto que chegou no minuto 13, nunha xogada por banda esquerda cun balón colgado ao momento de penalt, que baixou Florín entre Sidnei e Luisinho para raso, de punteira, meter por baixo de Fabricio e anotar o primeiro gol.

A reacción inmediata desde o banco foi o cambio de José Rodríguez por Oriol Rise e minutos despois a dobre substitución de Borges e Fariña por Medunjanin e Hélder Costa.

O Córdoba seguiu buscando o segundo e o Dépor tardou case 25 minutos en ter unha ocasión clara cando, ao bordo da área pequena Toché enviou un balón lixeiramente desviado. Foi o prolegómeno doutra da xogadas clave do partido, a expulsión de Luisinho tras ver o segundo cartón amarelo por unha entrada en banda sobre Fede Cartabia.

Heldon puido facer o segundo pero non chegou a un centro raso ao segundo pau mentres o partido íase diluíndo en xogadas protestadas polos xogadores do Dépor que acababan en cartón amarelo.

O Deportivo seguiu tentando buscar o empate a base de balóns colgados, pero todos foron rexeitados pola defensa do Córdoba sen excesivas complicacións.

In extremis o Deportivo conseguiu empatar á saída dun saque de esquina. Florín empuxou contra a súa portaría un córner. Corría o minuto 87.

A última do partido foi para Khrin, un disparo na área que sacou Fabricio co corpo, saíndo á desesperada. Era xa o desconto.

Deportivo: Fabricio, Juanfran, Lopo, Sidnei, Luisinho, Alex, Celso Borges (Medunjanin, min. 63), José Rodríguez (Oriol Rise, min. 56), Conca, Fariña (Hélder Costa, min. 63) e Toché.

Córdoba CF: Juan Carlos, Pantic, Anxo Crespo, Heldon (Rossi, min. 75), Fede Cartabria (Fidel, min. 80), Edimar, Gunino, Borja García,Krhin, Bebe e Florin.

Goles: 0-1 Florín (min. 55). 1-1 Florin -p.p.- (min. 85)

Árbitro: Eduardo Prieto Igrexas, do Colexio Navarro. Amoestou a Luisinho (min. 17 e 69), Krhin (min. 24), Borges (min. 47), Fede Cartabria (min. 73), Juanfran (min. 73), Medunjanin (min. 74)

Incidencias: partido da 30ª xornada da liga BBVA disputado en Riazor ante 17.602 espectadores.